

A Ollada da Terra Galega
Son unha fotógrafa apaixonada pola luz, polas emocións e polos pequenos detalles que contan grandes historias. Gústame crear imaxes que transmitan sensibilidade e autenticidade, sempre buscando capturar momentos únicos cunha mirada natural e creativa.
A través da miña cámara, exploro a natureza e a paisaxe galega, deixándome guiar pola brétema, polos verdes infinitos e pola forza do Atlántico. Cada fotografía é unha conversa coa terra: unha maneira de escoitar os seus silencios, descubrir as súas texturas e gardar a súa esencia. A miña intención é transformar estes instantes cotiáns en lembranzas cheas de vida, para que quen mire as imaxes poida sentir un anaco de Galicia tal e como eu a vivo.
Creo firmemente no poder das imaxes para sensibilizar e apoiar causas que importan. Por iso, ademáis, colaboro cunha fundación que loita contra a leucemia infantil, vendendo as miñas fotografías e destinando un tanto por cento do que se recauda para apoiar a súa misión e ás familias afectadas. Cada proxecto que realizo busca transmitir esperanza, solidariedade e a forza da comunidade, mostrando que a fotografía pode ser unha ponte entre a arte e o compromiso social.
