«O faro érguese estoico e alto e ilumina o camiño para os que están no mar.» (Buffy Sammons)
Sempre sentín unha máxica conexión cos diferentes faros que fun coñecendo. Cando me atopo o seu carón, e contemplo o mar que se estende os seus pés, sinto no fondo do meu corazón unha paz e unha tranquilidade indescriptibles.
E creo, que todo mariñeiro que avista un faro despois dunha longa travesía, tamén experimenta no seu interior algo parecido, xa que significa o regreso a casa xunto a súa familia.
Os faros guían. Os faros protexen. E Galicia consta de unha gran cantidade que salvagarda as nosas costas.
Quero comezar esta ruta polos faros galegos con unha que para min é a que máis me atrae e me chama a visitar, e da que me quedo prendada ahí pola tardiña, cando o atardecer nos regala impresionantes postas de sol.
O CAMIÑO DOS FAROS
O primeiro faro que nos atopamos na primeira etapa da nosa ruta, só temos a posibilidade de visitalo nunha embarcación privada que nos acerque dende Malpica.
FARO DAS ILLAS SISARGAS
Como o seu nome ben indica, atópase nun pequeno arquipélago a escasas millas do Cabo de San Adrián. O seu primeiro acendido prodúcese o 29 de xullo de 1853. Mais o faro actual data do ano 1915, que foi construído co esforzo dos habitantes de Malpica, subindo a pulso as pedras á illa para a súa construcción.
E un dos faros máis antigos da Costa da Morte. En 1911 comezou a súa remodelación, e construíuse mentres un provisional.
A reforma que deu paso o faro actual, rematou como ben apunto arriba, no ano 1915. O antigo faro só tiña un alcance de 11 millas, mentras que o actual alcanza unhas 23 millas.
FARO DE PUNTA NARIGA
O seguinte faro que nos atoparemos na nosa ruta pola maxestuosa Costa da Morte, atópase en Malpica.
Nada máis chegar o faro, nos atoparemos con unhas incríbles formacións rocosas que o rodean, de variadas formas e na súa base, unha construcción que foi rematada no ano 1997, do arquitecto César Portela, que simula unha proa dun barco que se está a introducir no mar.
As vistas dende Punta Nariga son impresionantes, e descubriremos, o igual que no resto dos faros desta ruta, o percorrido que levamos feito, e o comezo do seguinte.
Este farol é o máis moderno das costas galegas. Foi construído entre 1993 e 1996.

